Obradoiro para fabricar a túa máscara romana no Museo de O Caldoval
Tras o éxito acadado mediante a enorme participación cidadá nas actividades e obradoiros realizados polo Centro de Interpretación de Caldoval durante o pasado mes de xullo, continuarase coa oferta deste tipo de actividades especiais de verán durante o mes de agosto.
A primeira da lista será Puro Theatrum, un obradoiro especial no que os seus participantes poderán deseñar e fabricar as súas particulares máscaras de teatro romanas. Cómo lucían os romanos para saír a escena? Qué tipo de representacións teatrais levaban a cabo? En qué lugares as realizaban? Un obradoiro familiar para coñecer o mundo do teatro na Antiga Roma (vestiario, maquillaxe, escenografías, etc) e caracterizarse como verdadeiros actores e actrices da antigüidade.
O vindeiro sábado 7 e domingo 8, en horario de mañá ás 11:30 h e de tarde ás 17:30 h, son os días escollidos para o desenvolvemento desta actividade para a que será necesario inscribirse previamente a través do correo do centro (info@museocaldoval.gal) ou chamando ao 687 07 21 16, en horario de apertura.