OBRADOIRO FORMATIVO VIRTUAL PARA FAMILIAS O PRÓXIMO DÍA 10 DE DECEMBRO
Xa está aberto o prazo de inscrición para o evento que terá lugar o próximo xoves 10 de decembro no que desenvolverase unha acción formativa dirixida ás familias e equipas directivas das ANPAS para guialos na adquisición de competencias dixitais, tan necesarias na actualidade ao tempo que hai que facer fronte aos riscos que conleva.
Esta actividade enmárcase dentro do proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local que xestionan de xeito compartido os concellos de Mugardos, Fene e Neda para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.
Este espazo dixital que conta cun límite de 15 prazas, está dirixido ás familias e equipas directivas das ANPAS está deseñado para dispoñer dun acompañamento consciente para dotarse de ferramentas e formación que se impartirá o xoves 10 de decembro de de 17.00 a 19.00 horas.
O período de inscrición está aberto ata o mércores 9 de novembro a través do enderezo electrónico servizos.sociais@fene.gal. No correo debe adxuntarse a ficha de inscrición cuberta. As prazas se cubriran por orde de inscrición, e as persoas admitidas recibirán o día anterior o enlace á sala virtual da formación.
Na seguinte ligazón pode descargarse a ficha de inscrición: