OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE ADICIÓNS ÁS TIC E HABILIDADES SOCIAIS
Os Concellos de Mugardos, Fene e Neda desenvolven o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarca o programa de Saúde na escola, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
Neste programa se desenvolven os obradoiros “Desenrédate! Prevención adiccións e bo uso das TIC” a través dos que se forma e informa ao alumnado no uso responsable das redes, programa dirixido ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de secundaria que se desenvolven nos diferentes centros educativos dos tres concellos. No IES de Mugardos as xornadas están a ter lugar entre os días 18 e 22 en 2º e 3º da ESO.
O uso das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación) e de internet é un instrumento clave na vida diaria das persoas e teñen revolucionado o estilo de vida das persoas adultas pero, sobre todo, da xuventude. Utilizadas adecuadamente representan unha ferramenta extraordinarias para o desenvolvemento e a comunicación, pero tamén implican riscos que é necesario coñecer e saber previr.