Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL NO IES DE MUGARDOS E NO CPR LOYOLA

A Concellería de Benestar Social e Igualdade promove, no IES de Mugardos e no CPI Loyola, un Obradoiro de Educación afectivo sexual e de prevención da violencia sexual, dando resposta ás demandas que os centros veñen realizando neste sentido.

Dende a Concellería de Benestar Social de Mugardos considérase que é dende o ámbito educativo onde se debe traballar coa mocidade competencias socioemocionais de cara a establecer relacións afectivas saudables, afondar na prevención da violencia de xénero e realizar unha análise crítica das mensaxes dixitais no colectivo xuvenil.

O Obradoiro  impártese no IES de Mugardos e no CPR Loyola dende o mes de marzo e ata o mes de maio, e conta coa cofinanciación dos fondos transferidos ao Concello polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado.

Back to top