OBRADOIRO DE ARQUITECTURA ROMANA EN O CALDOVAL
O Centro de Interpretación de Caldoval continúa coa súa programación de actividades especiais de verán e presenta un novo obradoiro familiar sobre arquitectura romana. A actividade consistirá no deseño e creación da fachada dun templo romano para poder coñecer mediante as manualidades as distintas partes das que estaban compostos estos colosais edificios.
O obradoiro levarase a cabo no centro o sábado día 22 de xullo en horario de mañá ás 11.30h, e de tarde ás 17:30h. Todas as persoas interesadas en participar deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de adultos e nen@s participantes, horario escollido, nome e teléfono da persoa de contacto.
