Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O XIMNASIO DO COMPLEXO ACUÁTICO DO CASTRO CONTA CON NOVA MAQUINARIA

No día de hoxe procedeuse á renovación do equipamento

Mugardos, 8 de agosto de 2022. A concelleira de Deportes Begoña Roldós informou hoxe da renovación do equipamento do ximnasio do Complexo Acuático do Castro, atendendo así unha das principais demandas dos usuarios do centro.

A medida supón a renovación de parte do equipamento da sala, en concreto, 3 bicicletas elípticas, 3 cintas de correr e 3 bicicletas estáticas.

O proxecto acometeuse a través dun contrato de renting, polo que a empresa encargouse da instalación das máquinas e asume tamén o mantemento e reposición de pezas avariadas, garantindo a seguridade, calidade e innovación.

A concelleira explicou que a renovación da maquinaria do Complexo Acuático do Castro era un dos grandes obxectivos da concellería de Deportes este ano, e confirmou que o Concello seguirá investindo na mellora das instalacións e equipamentos deportivos municipais.

As instalacións do Complexo Acuático do Castro son de titularidade compartida entre o Concello de Mugardos e o de Ares.

Back to top