Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O verán chega a Caldoval

O Centro de Interpretación de Caldoval propón un obradoiro especial de verán chamado Romanos/as á palestra!

Trátase da elaboración dunhas figuras inspiradas nos deportes da Antiga Roma que se poderán colocar nunha palestra, tamén confeccionada polos/as participantes. O obradoiro está dirixido tanto a nenos/as como a familias.

A actividade terá lugar o sábado 17 e domingo 18 de xullo ás 11:30h e 17:30h. Este ano, por mor da situación sanitaria, as prazas son reducidas, polo que será imprescindible facer inscripción previa.

Todos/as aqueles/as que queiran participar poderán apuntarse chamando ó tfno. 687 072 116 (en horario de apertura do centro) ou a través do correo electrónico info@museocaldoval.gal

Back to top