O PRÓXIMO VENRES 20 DE MAIO REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A EDICIÓN DE VERÁN DO ESPAZO INFANTIL DE XOGO 2022
O goberno municipal confirmou a organización desta actividade tanto no verán como no Nadal
18 DE MAIO DE 2022. A concelleira de Servizos Sociais Ana Varela lembrou hoxe que segue aberto ata o día 20 de maio o prazo para a solicitude de praza no espacio infantil de xogo 2022 na súa edición de verán.
Esta actividade desenvólvese nas instalacións autorizadas tanto do CEIP Unión Mugardesa como no CEIP Santiago Apóstol de Franza do 1 de xullo ao 31 de agosto, en horario completo de 8.00 a14.00 horas, e horario reducido de 10.30 a14.00 horas. Ademáis, complementarase co servizo de comedor (almorzo e xantar), co seguinte horario: almorzó de 8.00 a 9.30 horas, e xantar de 14.00 a15.30 horas.
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude de praza para o Espazo Infantil de Xogo, xunto co cuestionario de saúde, as autorizacións e o documento de domiciliación bancaria no rexistro xeral de entrada de 9.00 a 14.00 horas ou a través da sede electrónica https://mugardos.sedelectronica.gal/.
A concelleira animou aos veciños e veciñas a porse en contacto cos servizos sociais ou con ela mesma para calquera aclaración ou dúbida relacionada con esta actividade. “De luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, está aberta a atención ao público nos servizos sociais presencialmente ou chamando ao 981 470 290 extensión #2049 ou #2017. Tamén poden poñerse en contacto a través do correo electrónico servizos.sociais@mugardos.gal ou ana.varela@mugardos.gal”.
Varela lembrou tamén que segundo as bases vixentes, o servizo de atención á infancia só se poñerá en marcha cun mínimo de 7 nenos/as para o CEIP Unión Mugardesa e cun mínimo de 7 para Franza. Para desenvolver a actividade na franxa horaria de 8.00 a 10.30 horas deberá haber tamén un mínimo de 7 nenas/os inscritos/as. O servizo complementario de comedor (almorzo ou xantar) poñerase en marcha tamén cun mínimo de 7 solicitudes.
O espazo infanil de xogo municipal é un servizo educativo e de esparexemento para nenas e nenos de 3 a 12 anos, durante os períodos de vacacións escolares de verán e Nadal, programado en quincenas, cuns contidos educativos e divertidos en base a unha programación educativa que conteña aspectos de educación para a convivencia, a igualdade, a interculturalidade, a saúde e o consumo responsable e o ocio saudable. Haberá saídas/excursións como mínimo, quincenalmente, para que os/as rapaces coñezan mais da súa contorna.