O Porto de Mugardos acolle dúas regatas da Liga Galega de Traineras o domingo 18 de xullo
O domingo 18 de xullo se disputarán dúas regatas con saída e chegada no Porto de Mugardos.
Ás 11:30 da mañá se celebrará a III Bandeira Feminina Reganosa, e de seguido, ás 12:30 horas a V Bandeira Concello de Mugardos. Ambas están organizadas polo Club do Mar de Mugardos, en colaboración co Concello de Mugardos, e pertencen á Liga Galega de Traineras.
O día da regata, o Club do Mar instalará unha caseta onde se poderán mercar moitas das prendas do propio club.