Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PLENO DO CONCELLO DE MUGARDOS APROBA POR UNANIMIDADE A CONTA XERAL DO ANO 2019

A Corporación Municipal do Concello de Mugardos celebrou na tarde de onte o Pleno Ordinario do mes de febreiro, no que se aprobou por unanimidade a Conta Xeral do Concello correspondente ao ano 2019, cuxo prazo foi ampliado polo Ministerio de Facenda como consecuencia da COVID-19. Segundo explicou o edil de Facenda, Miguel Mahía, esta aprobación “resulta imprescindible para solicitar subvenciones a outros organismos públicos. De feito, agora que está aprobado o documento, Mugardos solicitará ao Fondo de Compensación Medioambiental do Estado unha subvención para mellorar o alumeado nos pasos de peóns” sinalou o concelleiro ao respecto.

Cabe lembrar que a Conta Xeral do 2019 arroxa un desfase de 900.000€ tramitados sen contratación nin soporte municipal polo anterior goberno municipal. Este documento será enviado ao Tribunal de Contas e no mesmo recóllese fielmente a situación económica do Concello de Mugardos do ano 2019.

Back to top