O Pleno do Concello aprobou o proxecto de reforma do Mercado de Abastos.
O PLENO DO CONCELLO APROBOU ONTE O PROXECTO DE REFORMA DO MERCADO DE ABASTOS, PARA ADECUALO ÁS NOVAS NECESIDADES DE POSTOS DE VENDA
Un dos edificios se transformará en aparcadoiro en superficie, e o outro albergará 7 postos de venda máis grandes e luminosos.
A Corporación Municipal de Mugardos celebrou o pasado mércores 18 de agosto o Pleno Extraordinario no que se aprobou o proxecto de reforma do Mercado de Abastos “San Telmo”, para adecualo ás novas necesidades de postos de venda.
Trátase da modificación do proxecto inicial, xa que non cumplía coa normativa de seguridade e cos códigos de edificación actuais. O novo documento mantén as condicións acadadas de forma consensuada cos operadores do mercado.
En vindeiras datas, o Concello se reunirá cos operadores para avaliar o programa de execución das obras, co fin de interferir o menos posible no funciomamento do mercado. As novas instalacións estarán rematadas antes de finalizar o ano.
Actualmente o Mercado consta de 2 edificios cunha serie de locais distribuidos entre ambos, e destinados a venda de froita, flores, verdura, carne e peixe. Das dúas edificacións, prescíndese dunha (para reconvertirse en aparcadoiro en superficie) e a outra se adecuará ás novas necesidades. Os 7 locais resultantes serán máis grandes que os actuais. Os postos de venda que actualmente están no edificio a demoler, pasarán ó edificio que se reformará.
O orzamento de execución por contrata ascende a 240.397€.