Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Grupo Desastronauts, Circo Chosco e o Mago Teto actuarán en xullo nas festas de Mugardos

Do 13 ao 15 de xullo, Mugardos acollerá dous espectáculos de circo e un espectáculo de maxia, todos eles con entrada de balde:

Martes 13 de xullo: o Grupo Desastronauts desenvolverá o espectáculo de circo ‘Máis alto aínda‘. Ás 20:00 horas na Praza do Concello, con entrada de balde.

-Mércores 14 de xullo: Circo Chosco porá en escena ‘Riscando o ceo‘. Ás 20:00 horas na Praza do Concello, con entrada de balde.

Xoves 15 de xullo: o Mago Teto traerá a maxia a Mugardos co espectáculo ‘Alquimia’. Ás 20:00 horas na carpa do Parque da Constitución.

Back to top