Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O GOBERNO MUNICIPAL E CORREOS REÚNENSE PARA AMPLIAR A COLABORACIÓN ENTRE AMBAS INSTITUCIÓNS

MUGARDOS, 1 DE FEBREIRO DE 2022.- O alcalde de Mugardos e os responsables provinciais de Correos mantiveron a pasada semana un encontro na Casa Consistorial no que analizaron a situación actual da cartera de servizos que a empresa desenvolve no municipio. O goberno municipal e os representantes de Correos sinalaron o seu interese por ampliar a colaboración entre ambas entidades, co obxectivo de poder desenvolver novos servizos no municipio.

Tanto Juan Domingo de Deus como os responsables da empresa mostraron o seu total acordo en que un dos puntos prioritarios para a mellora do servizo pasa pola ampliación do horario de atención ao público na oficina, e a mellora das instalacións de Correos en Mugardos, xa que a actual ubicación carece de accesibilidade así como do espazo necesario para ampliar os servizos que nestes momentos presta a empresa.

Pola súa banda, Correos mostrou o seu interese por ampliar a oferta de servizos no municipio, especialmente aqueles que a través do desenvolvemento de novas ferramentas tecnolóxicas permitan achegarse aos cidadáns e ofrecerlles novas prestacións que faciliten o seu día a día

Ao finalizar a reunión, De Deus valorou o encontro como “moi positivo” e confirmou que nas próximas semanas espera recibir novamente aos representantes da empresa para poder materializar os avances realizados coa firma dun novo convenio de colaboración entre o Concello e a empresa que amplíe sustancialmente os servizos.

Back to top