Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O GOBERNO MUNICIPAL ADXUDICA AS OBRAS DE MELLORA DE SERVIZOS E PAVIMENTACIÓN NA RÚA ROSALÍA DE CASTRO

As obras serán realizadas polo licitador BCNOR GESTIÓN Y SOLUCIONES AVANZADAS S.L.

O concelleiro de Obras e Servizos, Jorge Kuntz, informou hoxe da adxudicación pola Xunta de Goberno Local das obras de mellora de servizos e pavimentación na rúa Rosalia de Castro por un importe total de 113.315,53 € a BCNOR GESTION Y SOLUCIONES AVANZADAS SL.

As obras a realizar suporán a creación de novos itinerarios peonís con ordenación dos cruces transversais de calzada conforme á lexislación vixente, a renovación de firmes de calzada, a dotación dunha rede de saneamento de augas pluviais no vial de acceso á praia, a execución da obra civil necesaria para un soterramento futuro da liña de iluminación que non supoña a rotura dos novos pavimentos e o ordenamento do tráfico peonil, rodado e do aparcamento mediante sinalización viaria horizontal e vertical.

A partir da notificación desta adxudicación, ábrese un prazo de 15 días para a formalización do contrato administrativo e fíxase un prazo de execución para a realización das obras de catro meses.

Kuntz sinalou que o goberno municipal confía que unha vez rematada esta obra “por fin os veciños e veciñas deixen de padecer os problemas derivados da falta de ordenación dos aparcamentos e o tráfico neste vial sen saída, así como a ausencia de itinerarios peonís ou o mal estado do vial”.

Back to top