Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O GOBERNO MUNICIPAL ADXUDICA AS OBRAS DE MELLORA DA REDE DE PLUVIAIS NO PORTO

O inicio das actuacións está previsto para o mes de setembro e están consensuadas coa hostalaría da zona

O concelleiro de Obras e Servizos Jorge Kuntz informou da adxudicación onte por parte da Xunta de Goberno Local das obras de mellora da rede de pluviais no peirao mugardés á empresa Construcciones González y González, por un importe de 31.339 euros.

Unha das problemáticas do paseo litoral mugardés é a ineficiente evacuación das augas pluviais, tendo en conta que polas súas características esta zona é destino das escorrentías de terreos situados a maior cota.

O concelleiro sinalou que “saneamento de toda a fachada marítima do núcleo urbán, tanto de augas fecais como de pluviais, concentrouse sempre no punto de intersección entre a Avenida de Galicia e a Avenida do Mar. Á planeidad do paseo únese a considerable distancia entre o peirao no extremo norte e o punto de concentración das verteduras situado a máis de 300 m., o que obriga a que a pendente do colector de bordo sexa demasiado pequena traducíndose en acumulacións de auga recorrentes en épocas de choiva, que provocan graves molestias tanto aos habitantes da zona como aos transeúntes e usuarios de frecuentados negocios hostaleiros situados nas inmediacións do peirao”.

O responsable do departamento de obras continuou aclarando en qué consistirá a actuación adxudicada onte polo goberno municipal “As obras procederán á reconducción das augas pluviais do extremo norte do paseo para a súa vertedura nun punto máis próximo que permita alcanzar unha pendente mínima para os colectores dun 1%, garantindo así unha rápida evacuación das augas. Concretamente consistirá na execución dun colector de saneamento de augas pluviais de 64 m. de lonxitude que, xunto a un ramal de 28,20 m. permitan a evacuación das augas en sentido contrario ao existente, cunha maior pendente, e con vertedura á rampla para evitar a problemática de anegaciones que se presenta de forma sistemática na actualidade nos edificios do extremo norte”.

Kuntz sinalou que as obras terán unha duración aproximada de 3 meses, polo que evitouse precisamente a tempada estival co obxectivo de minimizar as molestias para a hostalaría e a veciñanza, e con elas garantirase a correcta evacuación das verteduras “evitando as inundacións puntuais que se producían no inverno en momentos de grandes choivas”.

Back to top