O GOBERNO MUNICIPAL ADQUIRE NOVOS COLECTORES DE RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
A concellería de Medio Ambiente informou hoxe do acordo adoptado na Xunta de Goberno Municipal para a adquisición de colectores de recollida selectiva papel, cartón e envases lixeiros por case 14.000 euros.
A adquisición suporá a colocación de 46 novos colectores, 36 de envases lixeiros e 10 de papel e cartón, prevista para os primeiros días de xaneiro, logo de que a recepción dos colectores no concello estea fixada para finais de decembro.
Os puntos de colocación dos novos colectores están todavía pendentes do remate da revisión dos actuais, xa que como confirmou o concelleiro Jorge Kuntz “algúns que foran catalogados como rotos serán finalmente recuperables, o que probablemente nos permita a ampliación dos puntos de recollida selectiva e non só a substitución inicialmente prevista”.
Así mesmo, Kuntz confirmou que a adquisición destes colectores permitirá atender a demanda de veciños e veciñas que nos últimos meses solicitaran a colocación de puntos de recollida, e dita solicitude non puido ser atendida ata o momento por falta de colectores.