O FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ‘ATLÁNTICA’ SE CELEBRA OS DÍAS 2 E 3 DE XULLO NO MUSEO DO CALDOVAL
Chega a Mugardos unha nova edición do Festival Internacional de Narración Oral ‘Atlántica’ que se desenvolverá os días 2 e 3 de xullo no Museo do Caldoval, ás 21:00 horas e con entrada libre.
Arrincará o xoves 2 de xullo, co Ciclo de Novas Voces protagonizado por António Fontinha (Portugal) e Amaia Elizagoien (País Vasco).
António Fontinha (Portugal) presentará unha historia titulada ‘Inequívocamente‘ para público adulto en portugués. En Occidente, neste mundo sofisticado en que vivimos inundados de tecnoloxía, resulta sorprendente a valoración que foi acadando o simple acto de contar historias e o feito de que existan contadores de historias tradicionais como él, que se limitan a perpetuar o imaxinario do conto tradicional.
Amaia Elizagoien (País Vasco) trae a proposta ‘Contos do Norte‘, na que os ventos atlánticos traen historias nacidas entre montañas e vales, contos nos que a natureza, os animais e os seres marabillosos dialogan cunha sensibilidade contemporánea. Unha invitación a viaxar cara ao norte para descubrir que, malia as distancias, as historias sempre atopan o xeito de recoñecerse e darse a man. Para público adulto en castelán.
Ó día seguinte, venres 3 de xullo será o turno de Carmen Conde (Galicia) e a súa proposta titulada ‘O que non estaba escrito‘. Unha sesión onde Carmen falará de curas que se namoran, faixas de millóns en casas de pobres, bebés nacidos de hortas, mulleres evanxelizadoras do pracer ou o primeiro explorador de buratos negros, entre outros… Dirixido a público adulto en galego.