O Concello ultima a limpeza de praias para a tempada estival, que se inicia mañá día 1 de xullo
A Concellería de Obras, Servizos e Medioambiente de Mugardos, dirixida polo edil Jorge Kuntz, iniciou a pasada semana os traballos de acondicionamento da praia da Bestarruza de cara á campaña estival.
As actuacións consisten no movemento da arena que foi desprazada polas mareas durante todo o ano, e a aportación extra deste material para completar as cantidades que desapareceron debido ás correntes maniñas dos derradeiros anos. Dende a Concellería de Obras, Servizos e Medioambiente prégase aos cidadáns que teñan coidado ao transitar por esta zona. Na zona do Seixo se efectuarán labores similares á altura da rampa do peirao.