Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO SOLICITA Á XUNTA 100 CONTEDORES DE ENVASES, PAPEL E CARTÓN PARA IMPULSAR A MELLORA DO RECICLAXE EN MUGARDOS

O Concello de Mugardos  está a levar a cabo xestións coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia, de cara á mellora da dotación de contedores de reciclaxe no municipio.

Así, solicitouse a cesión de 50 contedores amarelos para envases e 50 contedores de papel e cartón, co fin de reforzar a capacidade de recollida selectiva e fomentar hábitos de reciclaxe entre os veciños.

Esta acción amosa o compromiso do Concello coa sustentabilidade e o coidado do medio ambiente, buscando solucións que permitan mellorar os servizos municipais sen aumentar a carga económica para os veciños. O Concello continúa traballando activamente para implementar melloras prácticas e efectivas na xestión de residuos, garantindo un municipio máis limpo e sostible para todos.

Back to top