O CONCELLO SOLICITA A LIMPEZA DO RÍO BAA NOS TRAMOS URBÁNS E INTERURBÁNS
O Concello de Mugardos remitiu recentemente dúas solicitudes a Augas de Galicia, co obxectivo de mellorar o estado do río Baa. Por unha banda, solicitouse a limpeza dos tramos interurbanos, que corresponden á competencia da entidade autonómica, e por outro, a autorización para intervir nos tramos urbanos, que son responsabilidade do propio Concello.
O concelleiro de Obras e Servizos, Jorge Manuel Kuntz Peiteado, declarou que “estamos a traballar de maneira coordinada con Augas de Galicia para garantir que todo o río Baa, tanto os tramos da nosa competencia como os interurbanos, atópese limpo e en condicións óptimas para evitar crecidas. Esta actuación é fundamental para mellorar a seguridade, o tránsito da auga e a calidade da contorna natural que gozan os veciños e veciñas”, engadíu.
O Concello lembra que estas actuacións enmárcanse dentro do seu compromiso co mantemento de espazos públicos e contornas naturais seguros e saudables, e subliña que a colaboración entre administracións é clave para logralo.