Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO SOLICITA A COSTAS O RECHEO DA BESTARRUZA E NO PEIRAO DO SEIXO

O concelleiro de Obras e Servizos realizou a solicitude á Demarcación de Costas.

Mugardos, 22 de abril de 2022. O concelleiro de Obras e Servizos, Jorge Kuntz, cursou a pasada semana unha solicitude á sede coruñesa da Demarcación de Costas do Estado para que procedan á realización dunha aportación de area na praia da Bestarruza e no Peirao do Seixo -ao carón da rampa pequena- xa que o paso do tempo foi levando a area que se engadiu en recheos anteriores. 

Kuntz confirmou que o goberno municipal confía en obter unha resposta positiva por parte da administración estatal, xa que “entendemos que a rexeneración dos espazos naturáis e a súa recuperación para o desfrute de todos é unha prioridade tanto deste goberno como de Costas”

Back to top