Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO SOLICITA A COLOCACIÓN DE BANDAS REDUCTORAS NA RÚA PETEIRO PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIAL

O Concello de Mugardos remitiu unha solicitude ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas para estudar a instalación de bandas redutoras de velocidade á altura do número 65 da Rúa Peteiro, na estrada AC-131, de titularidade autonómica. A petición responde á demanda de veciños e veciñas preocupados pola seguridade viaria nesta zona do municipio.

O alcalde e concelleiro de Urbanismo e Movilidad, Juan Domingo de Deus, declarou ó respecto que “entendemos unha vez máis as inquietudes dos veciños e veciñas de Mugardos. A instalación de bandas redutoras de velocidade é unha medida eficaz para garantir a seguridade peonil e reducir os riscos de accidente en tramos con tráfico elevado. Trasladamos a petición á Axencia Galega de Infraestruturas para que estude a súa viabilidade e esperamos que poida materializarse en breve”.

Trátase dunha iniciativa máis dentro dos esforzos do Concello por mellorar a seguridade viaria en todo o municipio e garantir que as rúas sexan espazos seguros para peóns, escolares e condutores.

O Concello agradece a colaboración cidadá e seguirá traballando conxuntamente coa Xunta de Galicia para atender este tipo de demandas que contribúen á mellora da mobilidade e a calidade de vida en Mugardos.

Back to top