Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO REITERA A AUGAS DE GALICIA A SOLICITUDE PARA A LIMPEZA DO RÍO BAA

O Concello de Mugardos reiterou formalmente a súa solicitude a Augas de Galicia para a realización dos traballos de limpeza do río Baa nos tramos interurbanos que son competencia deste organismo, así como para obter a correspondente autorización que permita ao Concello intervir nos tramos urbanos.

Desde o goberno municipal lémbrase que esta petición xa fora trasladada con anterioridade, sen que ata o momento recibírase resposta, o que impide ao Concello actuar no seu ámbito de competencia ao carecer da autorización necesaria.

Esta situación limita a capacidade de actuación municipal e atrasa unhas labores de mantemento que resultan fundamentais para garantir a seguridade, o coidado ambiental e o bo estado da contorna fluvial.

O concelleiro delegado de Obras, Servizos, Medio e TICs, Jorge Kuntz, explicou que “desde o Concello levamos tempo solicitando esta autorización e a intervención nos tramos que corresponden a Augas de Galicia. Sen esa resposta, non podemos actuar na nosa parte, e os traballos necesarios seguen pendentes. O noso obxectivo é colaborar e coordinar esforzos para dar unha solución canto antes”.

O goberno municipal subliña a importancia da cooperación entre administracións para garantir un mantemento adecuado dos leitos, sempre desde o respecto institucional e o cumprimento da normativa vixente.

O Concello continuará realizando as xestións necesarias para desbloquear esta situación e poder executar os traballos en canto dispóñase das autorizacións correspondentes.

Back to top