O CONCELLO REALIZARÁ OBRAS DE ACONDICIONAMENTO NO CLUBE DO MAR DE MUGARDOS CON CARGO Ó POS 2025
O documento foi aprobado onte en sesión plenaria extraordinaria, e dentro do mesmo tamén se inclúe a mellora do pavimento das beirarrúas nas rúas Peteiro e Os Corzás
O Plan de Obras e Servizos (POS) 2025 foi aprobado na sesión plenaria extraordinaria celebrada onte (6 de febreiro de 2025) cos votos a favor do PP, as abstencións do BNG e EU e o voto en contra do PSOE. O POS deste ano centra os seus investimentos na mellora das instalacións do Clube do Mar, e na renovación do pavimento das beirrúas na rúa Peteiro e na rúa Os Corzás.
No primeiro caso, os traballos no Clube de Mar de Mugardos contan cun orzamento provincial de 98.806€ e consistirán na mellora da eficiencia enerxética mediante ventilacións mecánicas que evitarán a condensación e a humidade. Inclúese tamén o pintado e impermeabilización das fachadas exteriores, a renovación das fiestras empregando o PVC, e o acristalamento triple para continuar na liña do aforro enerxético.
Outra actuación aprobada onte é a renovación dos pavimentos de beirarrúa na rúa Corzás, orzamentada en 214.508€. Nesta rúa, anos atrás cambiouse unha parte das beirarrúas debido á rotura do alcantarillado, e en base ó bo resultado do hormigón semipulido, se rematará a obra seguindo a misma liña. A sustitución da beirarrúa evitará o levantamento de plaquetas, e permitirá un mellor cuidado e mantemento.
Por último, se levará a cabo tamén dentro do POS 2025 a renovación dos pavimentos de beirarrúa na rúa Peteiro, cun investimento de 154.938€. Nesta rúa se levará a cabo unha intervención similar á anterior, pero ademáis se mellorará a accesibilidade para enlazar en toda a superficie transitable coa senda peatonal construída pola Xunta de Galicia en O Baño.
Ademáis, destínanse 68.000€ a gastos correntes, no POS adicional.