O CONCELLO PROMOVE O PROGRAMA ‘DIVERXENTES’ PARA OFRECER APOIO ÁS FAMILIAS
O Programa ‘Diverxentes’ está organizado conxuntamente pola Biblioteca Municipal de Mugardos e a Concellería de Benestar Social.
Este primeiro ciclo componse dun total de 4 sesións que se desenvolverán de marzo a xuño, cada unha delas abranguindo unha temática diferente.
Para asistir, será preciso realizar a inscrición previa na propia Biblioteca municipal ou ben por teléfono, no 981 470 301.

