O Concello limpará e desinfectará 22.000 metros cadrados de beirarrúas e rúas peatonais
O Concello de Mugardos ven de anunciar a limpeza e desinfección de 22.000 m2 de beirarrúas e rúas peatonais. Os traballos consistirán na eliminación de herbas e elementos vexetais mediante medios mecánicos.
A continuación, trataránse con auga a presión, e se engadirán herbicidas (ecolóxicos e respetuosos co medio ambiente) para prevenir a reaparición de herbas. Esta actuación se levará a cabo por vez primeira en todo o municipio.
Paralelamente se porá en marcha unha campaña de desratización completa e a fondo por todo o municipio de Mugardos.