O Concello instalará unha pantalla de televisión para seguir a participación de Belén Toimil nos Xogos Olímpicos, o venres 30 de xullo
O Concello instalará unha pantalla de televisión xigante para seguir a clasificación da lanzadora de peso mugardesa Belén Toimil nos xogos olímpicos de Tokio. A cita é o venres 30 de xullo ás 12:25 horas xunto ó Concello. Tod@s a animar a Belén!!!