O CONCELLO INICIA OS TRÁMITES PARA SOLICITAR A SUBVENCIÓN DE LIMPEZA DE PRAIAS DA VINDEIRA TEMPADA 2026
O Concello de Mugardos iniciou os trámites para solicitar á Deputación de A Coruña a subvención destinada á limpeza e mantemento de praias para a tempada 2026, co obxectivo de garantir que os servizos estean plenamente operativos e en condicións óptimas desde o inicio do próximo verán.
O ámbito de aplicación do servizo de limpeza e mantemento comprende as seguintes praias e areais:
• Praia da Bestarruza: superficie aproximada de 12.000 m² (300 m de lonxitude e 40 m de ancho). Esta praia conta con aseos, duchas, papeleiras e paneis informativos, así como accesos desde o paseo marítimo e escaleiras desde o Parque do Campo da Catedral. O seu nivel de ocupación é alto durante a tempada estival.
• Arenal da fronte marítima do peirao de Mugardos.
O contrato de limpeza e mantemento inclúe a recollida, retirada e tratamento de residuos xerados no uso diario das praias; a retirada e tratamento de algas acumuladas que poidan resultar molestas para os usuarios, con métodos manuais respectuosos co medio ambiente; e a nivelación da superficie da area e rastrillado para manter a praia en perfecto estado.
O prazo de execución previsto abarca desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2026, asegurando así a óptima preparación das praias para toda a tempada estival.
O concelleiro de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Jorge Manuel Kuntz Peiteado, sinalou que “con esta planificación anticipada buscamos garantir que as nosas praias estean limpas e en perfectas condicións para veciños e visitantes. Comezamos os trámites agora para que a tempada estival de 2026 desenvólvase sen incidencias, mantendo Mugardos como un municipio seguro, accesible e coidado” engadíu.
Pola súa banda, a concelleira de Facenda, Ana Varela, destacou que “este tipo de planificación e solicitude anticipada de subvencións reflicte o noso compromiso coa correcta xestión e optimización dos recursos municipais. Cada euro xestiónase pensando na eficiencia e en garantir que os servizos públicos funcionen de maneira eficaz para todos os veciños e veciñas”.
O resto de zonas costeiras do municipio non poden incluírse neste contrato, ó non ser de titularidade municipal. Entre estas zonas atópanse a rampla, o peirao e o varadero do Seixo, ou a enseada de Santa Lucía, que pertencen a Portos de Galicia, así como outros puntos que son de titularidade de Costas do Estado.
A este respecto o concelleiro de Servizos xa manifestou que “para estas áreas solicitamos ás administracións competentes a súa limpeza e mantemento, co fin de que toda a costa de Mugardos mantéñase nas mellores condicións posibles”, concluíu.
O Concello reafirma o seu compromiso coa conservación da contorna costeira e a prestación de servizos públicos eficientes e de calidade.