O CONCELLO INICIA AS OBRAS DE MELLORA DA ENVOLVENTE TÉRMICA NA CASA DA CULTURA DE MUGARDOS
O Concello ven de iniciar os traballos de mellora da envolvente térmica da Casa da Cultura de Mugardos, unha obra que se centra nas fachadas e na cuberta. O obxectivo é aumentar o aislamento térmico e incrementar así o confort dos usuarios do inmoble. Ao mesmo tempo mellorará a eficiencia enerxética, xa que será necesario aportar menos enerxía para lograr unha temperatura interior axeitada.
Para acadalo, os traballos consistirán na sustitución das carpinterías e acristalamentos dos hocos das fachadas. Disporanse novas fiestras e portas con carpinterías de PVC en cor branco e dobre acristalamento con cámara de aire e vidro interior. Revestiranse as fachadas e o forxado do teito do soportal cun sistema de ailamento térmico polo exterior. Sustituirase tamén o material de cobertura da cuberta, á que se engadirá un aislante térmico e se mellorará a súa impermeabilidade. Finalmente, renovarase o sistema de evacuación de augas pluviais da cuberta.
Todas estas actuacións contan cun orzamento de execución material de 99.724,62 € e forman parte do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de A Coruña correspondente á anualidade do 2024.
As obras enmárcanse na liña de renovación dos edificios municipais e a súa eficiencia enerxética, na que tamén se inclúen o Pavillón do Cristo (cun orzamento de 194.975€ incluídos no POS do ano 24) e o Clube do Mar (valorado en 68.620,63€). Ambos proxectos están pendentes da aprobación por parte da Deputación provincial.