Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO INICIA A ÚLTIMA PASADA DE ROZAS DO ANO E ANUNCIA TRES CAMPAÑAS PARA O PRÓXIMO EXERCICIO

O Concello de Mugardos informa do comezo da última pasada de rozas correspondente ao presente ano, unha actuación incluída dentro dos traballos de mantemento e conservación dos espazos públicos municipais. Estes traballos realízanse en distintos puntos do municipio seguindo un plan organizado que prioriza a seguridade viaria, a accesibilidade e o correcto estado das vías e zonas verdes.

O concelleiro de Obras, Servizos, Medio e TICs, Jorge Manuel Kuntz Peiteado, explicou a planificación do próximo exercicio. “En 2026 realizaremos tres pasadas de roza, espazadas no tempo e adaptadas ás necesidades de cada época do ano. Con esta programación aspiramos a un mantemento máis regular e eficaz do municipio, garantindo unha mellor atención aos veciños”, sinalou o edil.

O Concello lembra que estes traballos forman parte do compromiso municipal co coidado da contorna e o mantemento dos espazos públicos, fundamentais para a seguridade e benestar de toda a cidadanía.

Back to top