Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO INICIA A OBRA DE ACONDICIONAMENTO DO PARQUE INFANTIL EN SAN VITORIO, CUN ORZAMENTO DE 40.000 €

Mugardos, 14 de decembro de 2023. A Concellería de Obras e Servizos de Mugardos, dirixida por Jorge Kuntz, ven de iniciar os traballos de acondicionamento do Parque Infantil en San Vitorio (situado na rúa Franza de Abaixo) presupostados en 40.000€ e cun prazo de execución de un mes.

O espazo dispón dunha superficie aproximada de 182 m2, e actualmente está revestida de losa de pizarra, con arbolado e dotada de 2 farolas,  3 bancos e unha papeleira, que se están a retirar para proceder ó novo acondicionamento deste espazo.

A intervención consistirá na instalación de pavimento de caucho sobre a superficie, a colocación de novos xogos infantiles (un tobogán, un columpio dobre e outro con cesta, e dous balancíns) e a instalación dunha valla de seguridade, un cartel informativo e bancos de madeira e unha nova papeleira.

Por outro lado, hoxe reuníuse a Mesa de Contratación para a renovación do Parque Infantil de O Baño, á que se presentaron 11 empresas polo que o procedemento continúa a súa tramitación, o mesmo que o resto de obras financiadas polo Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación.

Back to top