Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello eliminará o Rodaxe para os vehículos de máis de 25 anos

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica na súa edición de hoxe a Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (Rodaxe), que comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2022.

A principal novidade é que se recupera a bonificación do 100% para os vehículos de máis de 25 anos de antigüedade, que se eliminou fai varios anos e agora se volve a aplicar.

Outra das modificacións que afectan á Ordenanza Fiscal nº3 reguladora deste imposto fai referencia á bonificación sobre os coches eléctricos dun 75% durante os 5  primeiros anos do coche, e logo do 50% durante a súa vida útil. Esta medida aplícase tamén para axudar ás familias que teñan vehículos destas características, xa que o seu precio de mercado é superior á media.

O Concelleiro de Facenda de Mugardos, Miguel Mahía, declarou ao respecto de estas reduccións fiscais que “en materia fiscal, un dos nosos compromisos sempre foi non tocar os  impostos e as taxas que afecten directamente aos nosos veciños. De ter que facelo, que sexa para reducilos”. O edil engadíu que “temos reducido a presión fiscal para as familias usuarias da Escola Infantil, e agora o facemos tamén co Rodaxe, cumprindo non só co noso programa electoral senón tamén cos veciños”.

Back to top