Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO E A XUNTA PROGRAMAN SEIS VISITAS COMENTADAS AO XACEMENTO DE NOVILLE

As inscricións poden realizarse no Centro de Interpretación do Caldoval

A concelleira de Cultura e Turismo, Begoña Roldós, presentou hoxe as visitas programadas conxuntamente pola Dirección Xeral de Patrimonio e o Concello de Mugardos ao xacemento romano de Noville para os días 12 e 13 de novembro.

A concelleira aproveitou para avanzar algúns datos obtidos na recente actuación realizada no Castro de Noville pola Dirección Xeral de Patrimonio co xeo radar e que “resultan sen dúbida esperanzadores”.

“Á espera da interpretación definitiva das anomalías detectadas, hai estruturas cadradas ou rectangulares que poderían ter relación co xacemento, así como as diferentes orientacións dos muros que semellan podería haber cousas de diferentes momentos cronolóxicos” o que por parte dos expertos participantes na actuación foi recibido con alegría contida á espera das conclusións definitivas que todavía tardarán algunhas semanas en chegar.

Para rematar, a concelleira quixo agradecer unha vez máis o traballo, colaboración e compromiso da Dirección Xeral co patrimonio mugardés “A colaboración entre o goberno municipal e Xunta de Galicia no que respecta á protección e posta en valor do patrimonio mugardés, está a dar excelentes froitos e traballamos xuntos para situar a Mugardos no lugar que lle corresponde como destino turístico cultural e patrimonial”.

Back to top