O CONCELLO DE MUGARDOS INSTALARÁ NOVOS CONTEDORES GRACIAS Ó CONVENIO CON ECOEMBES

O Concello de Mugardos informa da chegada de novos contedores destinados a reforzar o sistema de recollida selectiva no municipio, en virtude do convenio asinado con Ecoembes.
Estes novos equipos permitirán mellorar a capacidade e eficiencia do servizo de recollida de residuos, facilitando á cidadanía a reciclaxe e contribuíndo a unha contorna máis limpa e sostible.
A instalación dos contedores levarase a cabo de forma progresiva ao longo das próximas semanas, priorizando aquelas zonas onde se detectou unha maior necesidade de renovación ou reforzo do servizo.
O concelleiro de Obras e Servizos, Jorge Kuntz, sinalou que “a incorporación destes novos contedores supón un avance importante na mellora do servizo de recollida selectiva en Mugardos, permitindo adaptarnos mellor ás necesidades actuais do municipio”.
Así mesmo, engadiu que “seguimos traballando para dotar ao Concello de máis e mellores medios, fomentando hábitos responsables e facilitando que os veciños poidan reciclar en condicións adecuadas”.
Con esta actuación, o Concello reafirma o seu compromiso coa sustentabilidade e a mellora continua dos servizos públicos.