O CONCELLO DE MUGARDOS FINALIZA O PAGO DE FACTURAS PENDENTES
O Concello de Mugardos aprobou no último pleno extraordinario celebrado o pasado luns un novo recoñecemento extraxudicial de crédito por case 250.000 euros, co que se dá por finalizada a aprobación das facturas pendentes de 2019 e a posta ao día das facturas de principios deste mesmo 2020, coa previsión de que ao longo da próxima semana atópense realizados todos os pagos. Nese momento, o importe total de pagos realizados a provedores e outras administracións no últimos tres meses superará xa o millón de euros.
Desde a Concellería de Hacenda infórmase da decisión de manter aberta a porta para aprobar algún recoñecemento extraxudicial máis, pero xa de menor importe e cun impacto moi limitado nas contas municipais.
O concelleiro de facenda Miguel Mahía informa de que o goberno dos populares traballa xa na liquidación do orzamento de 2019. “Tentaremos levar a liquidación das contas municipais de 2019 á próxima comisión informativa de facenda, coa intención de que todos os grupos políticos poidan dispoñer de toda a información das contas municipais. A partir dese momento, o goberno centrará os seus esforzos na aprobación dos orzamentos para este mesmo ano. Mugardos leva 3 anos sen orzamentos municipais, e iso prexudica aos veciños e veciñas, así como a prestación dos servizos”.
Sobre a aprobación do último recoñecemento extraxudicial de crédito, o cuarto dos últimos 3 meses, o concelleiro destacou o traballo realizado polos servizos municipais “foron semanas moi intensas de traballo, e os traballadores municipais da área económica desde a nosa chegada ao goberno están a ser uns meses de sacar moito traballo acumulado. O goberno agradece a súa entrega e o seu compromiso, que redundará positivamente nos veciños“.