Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS E A ASOCIACIÓN O ZULO ASINAN UN CONVENIO PARA A PROMOCIÓN DO SOFTWARE LIBRE

O importe do convenio irá destinado á organización dunhas xornadas de patrimonio cultural e software libre

O concelleiro delegado de Facenda, Persoal e Participación Cidadá, José Miguel Mahía Prados, informou hoxe da firma dun convenio de colaboración entre o Concello de Mugardos e a Asociación Comunidade O Zulo para este ano 2022 que ten por obxecto apoiar a promoción e difusión do patrimonio cultural e do software libre no eido local.

O importe do convenio é de 2.500 euros en forma de subvención, que o Concello de Mugardos traspasará á asociación cultural para a celebración ao longo deste ano dunhas xornadas sobre patrimonio, software e cultura libre.

Mahía Prados celebrou a firma deste convenio e expresou a súa confianza en que “estas actividades contribúan á difusión das múltiples ventaxas do software libre así como a ampliar o seu coñecemento entre a veciñanza, unha das maiores barreiras coas que conta esta tecnoloxía para o seu uso efectivo entre a poboación”.

Back to top