Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS APOSTA POLA ESTABILIDADE LABORAL NO EMPREGO PÚBLICO

A Xunta de Goberno Local aprobou unha oferta extraordinaria de emprego público

31 DE MAIO DE 2022. O Concelleiro de Persoal Miguel Mahía Prados informou hoxe da publicación no Boletín Oficial da Provincia da oferta extraordinaria de emprego público 2022 para a estabilización de emprego temporal, aprobada pola Xunta de Goberno Local o pasado 26 de maio.

Este anuncio realízase ao abeiro do artigo 2 da Lei 20/2021 de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público, e contén 1 vacante de traballador/a social, 1 vacante de traballador/a social a media xornada, 1 vacante de psicólogo/a, 1 vacante de axente de desenvolvemento social, 1 vacante de animoador/a sociocultural, 1 vacante de animador/a deportivo, 1 vacante de auxiliar administrativo de servizos sociais, 1 vacante de oficial de 1ª de auga, 11 vacantes de auxiliar de axuda no fogar, 2 vacantes de oficial de 2ª do Grupo de Emerxencias Supramunicipal e 1 vacante de limpador/a de edificios municipais.

A publicación deste acordo realízase en cumprimento do artigo 70.2, do Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro, do Estatuto Básico do Empregado Público, coa indicación de que o acordo é definitivo, polo que contra este os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Alcalde do Concello de Mugardos no prazo dun mes contado a partir de hoxe, ou recurso contencioso administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses dende a publicación no BOP, e na forma prevista na lexislación reguladora da devandita xurisdicción, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro que se estime procedente. 

Back to top