Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Mugardos abrirá a inscrición das escolas Culturais e Deportivas o vindeiro 16 de setembro

Como en anos anteriores, a Escola Municipal de Música e a de Pintura serán as principais ofertas das Escolas Culturais do Concello de Mugardos.

En canto ás Actividades Deportivas, as escolas para persoas maiores de idade ter´n actividades como Ximnasia de Mantemento, Ioga, Taichi, Zumba e Bailes caribeños coa novidade da oferta da Escola de Camiñada con Bastóns. Para os pequenos serán as Escolas de Atletismo, Patinaxe, Baile moderno, Tenis e Ximnasia Rítmica.

Ademais da oferta municipal, no concello contamos con escola de fútbol, escalada e remo organizadas polas entidades deportivas locais: Club Galicia de Mugardos, Agrupación de montaña i escalada Bestarruza e o Club do Mar, respectivamente.

A Escola de envellecemento activo, dentro do departamento de Benestar social,  está dirixida a persoas maiores de 55 anos, pecha a oferta municipal, as actividades serán a de Lectoescritura, Teatro, Memoria e Manexo de smartphone. 

O prazo para a matrículas nas Escolas Municipais abrirase o vindeiro 16 de setembro. As escolas daran comenzo  o día 1 de outubro.  As matrículas farnase nas dependencias de Cultura e Deportes do concello de Mugardos e a Escola de Envellecemento activo nas dependencias de Benestar social.

As Escolas Municipais impártense en diferentes locais municipais e tamén nas sociedades como o Casino Progreso de Franza, a Sociedade Deportivo Recreativa San Xoán de Piñeiro e a Sociedade de Amigos da Paisaxe galega do Seixo,  para lograr unha descentralización por todo o municipio.

Back to top