Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO CONVOCA O VINDEIRO SÁBADO A PRIMEIRA XORNADA INFORMATIVA SOBRE O CONTROL DE COLONIAS FELINAS

A charla está aberta á veciñanza que cuiden gatos que viven na rúa.

Mugardos, 31 de xaneiro de 2022. O concelleiro de Participación, Miguel Mahía informou hoxe da convocatoria o sábado 5 de febrero ás 17.00 h. no Salón de Plenos do Concello da primeira xornada informativa aberta á veciñanza que realiza tarefas de coidado dos gatos que viven nás rúas do municipio, co obxectivo de trasladarlles información sobre a campaña para o control de colonias felinas no municipio.

Esta charla ten como principal obxectivo informar das medidas a adoptar para o control das colonias de gatos existentes no municipio, e dar a coñecer a figura das persoas colaboradoras que poderán participar activamente no coidado da colonia e na consolidación das mesmas, explicando os termos deste procedemento, así como as condicións que deben cumprirse e o papel que a cidadanía, os voluntarios/as e asociación terán que xogar en todo o proceso.

Mahía adiantou que unha das principais medidas a adoptar será a aplicación do coñecido como método C.E.R. (captura, esterilización e retorno), e que consiste en esterilizar aos gatos das colonias xa existentes e devolvelos ao seu territorio. “O método CER é a opción prioritaria para frear a proliferación pola ausencia de control destas colonias. Ao esterilizar vanse reducindo progresivamente e mellorando o estado de saúde dos felinos ao estaren controlados sanitariamente e recibindo una alimentación adecuada, xerando beneficios cara a una adecuada integración na realidade urbana do Concello”. Na charla tratarase tamén a importancia da alimentación regulada realizada durante o control de colonias felinas, xa que se ten que cumprir a obriga de previr e evitar ensuciar a vía e os espazos públicos.

Esta campaña de control das colonias felinas enmárcase dentro do intenso traballo de colaboración desenvolvido entre o Concello e a asociación Indican, entidade protectora e de defensa dos animais, e tivo o seu punto de inflexión coa aprobación o pasado 17 de xaneiro da ordenanza municipal de tenza e benestar dos animais de compañía, que permitirá traballar para acadar o máximo nivel de protección e benestar dos animais no concello, garantir e fomentar una tenza responsable e a defensa e protección dos animais, así como traballar sobre o respecto aos animais e a importancia da adopción.

Back to top