Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO AVANZA NA DEFINICIÓN DOS PROXECTOS DO POS 2026 CON ACTUACIÓNS PREVISTAS NAS PARROQUIAS DO MUNICIPIO

O Concello de Mugardos informa de que a Comisión de Urbanismo celebrou unha nova sesión de traballo na que se analizaron diversos proxectos de investimento para a súa incorporación ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS+ 2026). O obxectivo é acordar un paquete de actuacións que responda as necesidades reais do municipio e que permita distribuír os investimentos de maneira equilibrada entre as distintas parroquias.

Durante a comisión revisáronse propostas relacionadas con melloras viarias, servizos básicos, accesibilidade e modernización de infraestruturas, coa intención de priorizar aquelas intervencións que teñan maior impacto para os veciños e veciñas.

O alcalde e concelleiro de Urbanismo, Juan Domingo de Deus, subliñou a importancia de avanzar con criterios técnicos e de consenso. “Estamos a traballar para presentar un POS+ 2026 que chegue a todas as parroquias e que atenda as necesidades detectadas en cada unha delas. Queremos un plan equilibrado, realista e útil, que permita seguir mellorando Mugardos de forma responsable e ordenada”, afirmou o rexedor.

O Concello continuará as reunións técnicas necesarias ata pechar a lista definitiva de proxectos que se trasladará á Deputación, reafirmando o seu compromiso cunha planificación urbanística que dea resposta ás demandas de toda a cidadanía.

Back to top