O CONCELLO APROBA O PLAN DE OBRAS E SERVICIOS (POS) 2024 E O POS ADICIONAL 2024
O Concello de Mugardos aprobou onte en sesión plenaria o Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación para o ano 2024, cos votos a favor de PP e IU e a abstención do BNG e do PSOE.
A relación de obras que se levarán a cabo con este financiamento é a seguinte:
-Mellora da envolvente térmica na Casa da Cultura ( sustituíndo fiestras e portas, e instalando un novo sistema de aislamento térmico nas fachadas e na cuberta). Orzamento: 143.593,49 €.
-Ampliación da rede municipal de Saneamento de Augas Residuais en O Monte, Franza (para dotar de servizo ás vivendas ubicadas en ambos marxes da estrada DP-3504, de Pedreira a Maniños). Orzamento: 111.358,22€.
Tamén foi aprobado o Plan Complementario do 2024, no que se inclúen:
-Mellora do Camiño da Estación. Orzamento: 70.322,50€.
-Renovación do alumeado público no municipio. Orzamento: 76.720,95€.
Na mesma sesión plenaria aprobouse cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e do PSOE e o voto en contra de IU, participar no POS Social para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. Esta partida que se imputará ao POS adicional 2024 ascende a 95.788,33€ e se destinará a axudas de emerxencia para familias en risco de exclusión social, ampliación do servizo de axuda no fogar, reforzo dos servizos e axudas económicas para respiro familiar e medidas de conciliación a familias con escasos recursos, outras medidas sociais extraordinarias e urxentes, e adquisición de equipamento para o desenvolvemento dos programas de servizos sociais e do traballo dos equipos técnicos de servizos sociais municipais.