Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ANUNCIA MELLORAS NOS COMEDORES ESCOLARES MUNICIPAIS

Esta semana eliminouse a lista de espera para acceder ao servizo, e proximamente farase cargo dos comedores unha nova empresa adxudicataria. Ademáis renovarase o mobiliario.

Mugardos, 16 de febreiro de 2022.- A Concellería de Ensino, dirixida por Begoña Roldós, informou hoxe das novidades previstas para o comedor escolar nas próximas semanas empezando pola ampliación do servizo no CEIP Unión Mugardesa coa recente incorporación esta semana de 3 novos usuarios, o inicio da prestación do servizo da nova empresa adxudicataria logo da Semana Santa e a próxima renovación de mobiliario.

Con estas incorporacións quedan incluidos no servizo todos os solicitantes, xa que nestes intres os comedores escolares municipais non teñen ninguna solicitude en lista de espera, acadando así un total de 53 usuarios. A Concelleira de Benestar Social, Ana Varela, mostrou a súa satisfacción polo funcionamento do servizo e a capacidade de ampliación do mesmo “froito da colaboración entre a empresa, os técnicos municipais e os propios usuarios”.

En canto ao inicio da actividade da nova empresa concesionaria, ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALLEGA SL, encargarase dos servizos de almorzo e xantar do comedor escolar no CEIP Unión Mugardesa e no CEIP Santiago Apóstolo de Franza, que teñen autorizadas por la Consellería de Educación 58 e 24 prazas de comensais respectivamente. A principal novidade é a mellora do menú, que repercute no seu prezo, que quedará fixado nos 6,60 € por xantar, e en 2,36 € no caso do almorzo. Esta subida no importe dos menús será asumida íntegramente polo Concello, e non repercutirá en ningún caso nas familias, que seguirán pagando un máximo de 4,40 €.

“Tendo en conta que o servizo de comedor escolar contribúe á promoción da saúde e á educación en habilidades sociais, ademais de favorecer a conciliación familiar e laboral das familias, consideramos prioritario realizar unha mellora no menú para seguir avanzando nun servizo prioritario para a comunidade escolar mugardesa” sinalou a concelleira.

Varela confirmou tamén que desde o goberno municipal xa se está a traballar en novas mellloras, neste caso centrados na inversión para a adquisición de novo mobiliario (mesas e cadeiras) que permita a renovación do material existente, acadando así a uniformidade de todos os postos dos usuarios e usuarias do servizo.

Back to top