O CONCELLO ADXUDICA AS OBRAS DE RENOVACIÓN E MELLORA DA CUBERTA DO PAVILLÓN DO CRISTO
O Concello de Mugardos adxudicou as obras de renovación e mellora da cuberta da pista deportiva do Cristo á empresa Covisam Norte, S.L., por un importe de 181.475,80 euros, IVE incluído. A actuación está incluída no POS+ Adicional 2/2024 da Deputación da Coruña.
Os traballos permitirán mellorar de forma significativa as condicións de uso desta instalación deportiva municipal, garantindo unha maior seguridade e comodidade para as persoas usuarias e contribuíndo á conservación da infraestrutura.
As obras comezarán nas próximas semanas, unha vez que a empresa adxudicataria presente a documentación correspondente ao Plan de Seguridade e Saúde, trámite previo ao comezo da execución.
O concelleiro delegado de Obras, Jorge Kuntz, destacou que “esta actuación responde o compromiso do Gobierno municipal co mantemento e mellora das instalacións públicas, especialmente aquelas destinadas á práctica deportiva e ao desfrute da cidadanía. Seguimos traballando para modernizar os espazos municipais e ofrecer unhas infraestruturas de calidade”.