O CONCELLO ADXUDICA AS OBRAS DE RENOVACIÓN DA AVENIDA BELLO PIÑEIRO DE O SEIXO
A obra foi adxudicada á empresa Canarga, por importe de 95.000€
Desde a Concellería de Obras e Servizos infórmase da adxudicación das obras de urbanización e humanización da Avenida Bello Piñeiro á empresa CANARGA por un importe de 95.500€, despois de que a primeira contratación iniciada en 2022 quedase deserta.
Estímase que os traballos se inicien ao longo do próximo mes de maio. A obra consiste na substitución do arbolado aloxado nas beirarrúas da avenida, a reparación das zonas de beirarrúas deterioradas e a substitución dos contedores de residuos que se atopen en mal estado, así como a instalación de pantallas cubrecontedores de madeira ao longo da avenida que os oculten e integren na contorna. Tamén se levarán a cabo traballos de mantemento e conservación enfocados tanto na limpeza de beirarrúas como na reparación do firme do vial.