Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ADHÍRESE AO SISTEMA VIOGÉN DESTINADO Ó SEGUEMENTO E PROTECCIÓN DAS VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Mugardos celebrou no día de onte a Xunta Local de Seguridade, presidida pola tenente de alcalde, Ana Varela, xunto coa subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas. Nesta xuntanza se deu luz verde á adhesión do Concello de Mugardos ao sistema VioGén, promovido polo Ministerio do Interior e destinado ó seguemento e protección das mulleres víctimas de violencia de xénero e ós seus fillos/as.

Con esta medida avánzase no obxectivo de loitar contra a violencia de xénero en tódalas súas expresións, para acadar unha igualdade real, efectiva e plena. Neste senso, a colaboración e coordinación de tódalas institucións resulta de vital importancia para conquerir a seguridade necesaria para as vítimas e as súas famiias, e para loitar contra a violencia machista.

Na Xunta Local de Seguridade tamén se acordou reforzar a colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local para manter os datos positivos do municipio, que está considerado como un concello seguro, cunha tasa de criminalidade de 24,5 delitos por mil habitantes, o que significa que está máis de 10 puntos por debaixo da media da provincia e de toda Galicia (35 delitos por mil). A comunidade galega é á súa vez a terceira máis segura do estado.

Back to top