Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O COMEDOR ESCOLAR MUNICIPAL ADÁPTASE PARA O CUMPRIMENTO DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN DA COVID-19

As Concellerías de Ensino e Benestar vén de publicar a listaxe provisional de admitidos e excluídos no servizo de comedor escolar logo de aprobar as medidas anti-COVID que permitirán a posta en marcha do comedor coa máxima seguridade para o curso 2020-2021, tanto no CEIP Unión Mugardesa como no Santiago Apóstol de Franza.

O comedor escolar municipal experimentará este curso unha importante reducción do aforo que vén derivada da necesidade do mantemento do distanciamento social e da máxima seguridade nos momentos nos que os usuarios e usuarias teñan que retirarse ás máscaras faciais. Así mesmo, o servizo finalmente desenvolverase tanto para almorzo como para xantar (en dúas quendas). En concreto as solicitudes admitidas son 20 para almorzo e 30 para xantar no Unión Mugardesa, e 6 para o almorzo e 10 para o turno de xantar no Santiago Apóstol de Franza.

Aqueles solicitantes que teñan que realizar o complemento da documentación das súas solicitudes admitidas de mes completo teñen de prazo ata o 8 setembro 2020 incluído, e aqueles que deban complementar a documentación e a solicitude de cambio de xornada de días soltos poderán facelo ata o de 20 de setembro de 2020, incluido. Estas tramitacións poden realizarse por rexistro ou a través da sede electrónica municipal. Así mesmo, ábrese un prazo de presentación de reclamacións ata 15 de setembro de 2020 incluído

Todas as medidas adoptadas polo concello na xestión do servizo de comedor foron consensuadas cos centros, e obviamente en cumprimento estricto dos protocolos publicados ata o momento polas autoridades sanitarias.

Así mesmo, xa se está a artellar por parte das técnicas municipais un paquete de medidas para a posta en marcha de axudas sociais necesarias no caso de que algunha familia requerise da colaboración municipal por non ter acceso este curso ao servizo de comedor escolar.

As concelleiras Ana Varela e Begoña Roldós quixeron destacar o compromiso do goberno cun servizo municipal que sen dúbida este ano cobra unha especial relevancia “O comedor escolar é un recurso imprescindible para moitas familias, ás que non queremos obrigar a elixir entre traballo e familia. Temos que dotar á administración local das ferramentas necesarias para que os mugardeses e mugardesas poidan ter unha vida laboral e unha vida persoal compatibles”.

“Ante a reducción do aforo do comedor, imposto polas medidas de prevención da COVID-19, decidimos apostar pola conciliación e estamos seguros de que esa é a opción correcta” subliñaron as concelleiras, que confirmaron que o servizo de comedor municipal arrinca o próximo 14 de setembro.

Para finalizar, as responsables municipais de Ensino e Benestar quixeron destacar a complexidade do traballo administrativo realizado para sacar adiante o servizo durante este curso “Moitos concellos renunciaron este ano ao comedor escolar: uns por falta de espazo e outros polas dificultades administrativas derivadas das novas e cambiantes normativas. Nós apostamos por facerlle fronte a todas estas dificultades, aínda que iso supuxera a reducción de aforo. Manter o comedor pechado este curso non foi nunca unha opción para este goberno”.

Na seguiente ligazón pode descargarse a listaxe provisional de admitidos e excluídos:

DESCARGAR PDF Listaxe provisional de admitidos e excluídos no servizo de comedor escolar curso 2020-2021

Back to top