O CLUBE DO MAR ORGANIZA A IX FESTA DO MARISCO O VINDEIRO SÁBADO 6 DE AGOSTO
Haberá degustación de mexilóns, navallas, churrasco e cigalas
Mugardos, 28 de xullo de 2022. A IX Festa do Marisco organizada polo Club do Mar de Mugardos, en colaboración co Concello de Mugardos, terá lugar o vindeiro sábado 6 de agosto en Punta Ratón (Peirao de Mugardos), dende as 13:00 horas ata a noite.
Nesta edición se degustarán 4 tipos de marisco e carnes:
- Mexillóns (5€/ración)
- Navallas (12€/ración)
- Churrasco (10€/ración)
- Cigalas (12€/ración)
Ademáis, haberá dúas actuacións musicais. A partir das 14:00 horas actuará Alejandro Caribe, e dende as 22:30 horas será o turno de José Brea & Santi López.