Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CALDOVAL CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Cada 18 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional dos Museos, unha ocasión que destaca a importancia destas institucións culturais como axentes de cambio e coñecemento das nosas sociedades. Co lema deste ano, “Museos pola educación e a investigación” como telón de fondo, o Centro de Interpretación de Caldoval únese a esta iniciativa coa oferta dunha programación especial para os días 18 e 19 de maio:

O sábado 18 poderase acudir ás visitas guiadas especiais que faran unha comparativa dos dous grandes xacementos romanos do municipio de Mugardos (Caldoval vs. Noville). Aproveitarase a ocasión para revelar os resultados da última prospección arqueolóxica da veciña villa de Noville.

O domingo 19 o centro invita ás familias a participar no obradoiro Desenterrando o pasado. Unha nova edición do obradoiro de arqueoloxía, no que contaremos con novas pezas e agasallos por achar.  

Todas as persoas interesadas en participar nestas actividades poderán inscribirse chamando ao 687 072 116 en horario de apertura do centro ou enviando un correo electrónico a info@museocaldoval.gal

Back to top