O Bruxo Queiman estrea o seu novo espectáculo ‘Queiman Folki’ en Mugardos o sábado 24 de xullo no Parque da Constitución
O sábado 24 de xullo ás 22:30 horas na carpa instalada no Parque da Constitución terá lugar o espectáculo ‘Queiman Folki’ do Bruxo Queiman. O aforo está limitado a 400 personas.
O espectáculo trátase dunha mostra da nosa terra galega coa actuación do actor BRUXO QUEIMAN e das Bruxas-Peregrinas.
Un acto onde se mistura o tradicional conxuro coa fundamental exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago, do folclore galego e neste caso enfocado a exaltación da terra, a súa gastronomía, as súas paixases…
Un espectáculo cheo de paixón, sentimento, forza escénica, música Folk- celta, danzas, pirotecnia fría e moito lumeeee…
Queiman defende a transmisión da Historia a través das lendas da nosa cultura atlántica, e da nosa Terra Galega. Homenaxea a xente do mar, homes e mulleres, aos netos de Breogán que deron orixe a primeira civilización de Europa. Un espectáculo que promove o Camiño de Santiago no seu paso polo interior da provincia.
Queiman destaca por facer de cada evento un acto único, personalizando o espectáculo cun traballo previo de recopilación, onde investiga a persoeiros, lugares e feitos que se deron nesa zona aos que poñer en valor, rescatando así a esencia e sabiduría de culturas esquecidas e ocultas no tempo.
O espectáculo está composto por música folk, danzas, 4 bruxas, 2 músicos, piroctecnia fría … onde o ritual da QUEIMADA é o momento máis vistoso e esperado para espantar o mal ollado de toda presenza. Interprétanse temas musicais inéditos, como “Alalá do Mariñeiro” ou “O Meighacho”. Tamén haberá espazo para unha danza onde se homenaxea as mulleres do mar e do rural.
En definitiva, unha fusión de arte pouco habitual de declamación, música e danza que envolve ao público nun halo elegante, creativo, e asemade próximo, tanto polo sentimento que esconde detrás de cada verba ou nota coma pola novidade e amplitude do público que abarca.