Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O ALCALDE DE MUGARDOS INSTA Á SAREB Á CESIÓN DE VIVENDAS PARA ALUGUEIRO SOCIAL

Polo momento, a sociedade de xestión de activos ofreceu ao concello dúas vivendas sen licencia

Juan Domingo de Deus Fonticoba instou hoxe á SAREB (Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria) a poñer a disposición do Concello de Mugardos parte das súas vivendas sitas no municipio, co obxectivo de crear o parque municipal de vivendas para alugueiro.

A SAREB (Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, máis coñecido como “banco malo”) dispón de 141 vivendas en Mugardos e logo de meses de negociación entre a sociedade e o goberno municipal, só acepta ceder para o parque de alugueiro municipal dúas vivendas sen licencia de primeira ocupación, o que impide dispoñer delas ao Concello.

De Deus confirmou que desde o goberno municipal teñen interese por poñer en marcha a bolsa de alugueiro municipal este mesmo ano cun mínimo de 10 vivendas, que o propio Concello encargaríase de amueblar e preparar para as familias a cambio dun alugueiro variable en función da renda dispoñible. “Non deixaremos de insistir para que a SAREB acceda á cesión dalgunhas das súas vivendas que na actualidade están baleiras, xa que estamos convencidos de que a intermediación do Concello a través da bolsa de alugueiro permitiría paliar a falta de vivienda accesible para os colectivos máis desfavorecidos” engadiu o alcalde.

“Mantemos a porta aberta para a negociación dun convenio favorable para as dúas partes: a SAREB obtería un alugueiro seguro por unhas vivendas que na actualidade están baleiras, e o Concello facilitaría o acceso á vivienda aos colectivos máis desfavorecidos” finalizou de Deus.

Back to top